Skip to main content
ActualidadeXermade

Xermade acolle esta semana dúas obras de teatro

Por 23 Outubro, 2019Sin comentarios

A Biblioteca Pública de Xermace acollerá o xoves,  24 de outubro, á celebración do Día Internacional das Bibliotecas. Así, ás 18 h. haberá unha actividade teatral dirixida ao público infantil coa presenza de Teatro Ghazafelhos, que porá en escena A máquina do tempo, unha peza de teatro que ilustra dun xeito ameno e pedagóxico a historia das civilizacións. A doutora Mon e o seu axudante Pe lograrán construir unha máquina do tempo coa que amosarán a verdadeira historia das civilizacións mandando a Pe e a a “algún voluntario ou voluntaria” a distintas épocas da historia. Esta actividade forma parte do Programa Ler Conta Moito da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

Por outro lado, o sábado, 26 de outubro ás 18:00 h. a biblioteca acollerá a primeira actividade do  Programa Buxiganga 2019 da Deputación de Lugo. O grupo de teatro O Centiño de Foz  chega a Xermade coa súa obra máis picante, escrita e dirixida por Pepe Peinó: El Guindilla, obra apta para todos os públicos.