Skip to main content
ActualidadeCospeito

A Asociación Aquilino Iglesia de Muimenta organiza clases de baile para novembro

Por 24 Outubro, 2019Sin comentarios

A Asociación Aquilino Iglesia Alvariño de Muimenta vén de poñer en marcha unha actividade de clases de baile.

Estas clases serán os sábados de 21.00 a 22.30 horas no local social do centro médico de Muimenta e estarán impartidas poe Eliseo da Academia de baile Zaloir.

Nesta actividade desenvolveranse diferentes tipos de baile como salsa, bachata, kozomba, merengue, cumbia, pasodobre, cha cha cha e rolda cubana.

Para anotarse haberá que chamar a Mercería Teresa ao 660 826 447 e facelo antes do 31 de outubro.

As clases teñen un prezo de 25 euros e darán comezo o 2 de novembro.