Friol celebrará o Samaín o 26 pola tarde

O vindeiro sábado 26 de outubro terá lugar en Friol a celebración do Samaín, cun conxunto de actividades  para as que se recomenda caracterizarse.

A xornada, será no Castro Friulio, e comezará ás 16.00 co baleirado de cabazas, e despois un obradoiro, xogos castrexos e contacontos.

Ás 19.45 horas haberá a recepción do Druída seguida dun percorrido das ánimas pola poboación de Friol con cabalos e antorchas.

Posteriormente, ás 21.00 sucederanse unha pancetada acompañada de pan e viño mentres para os máis pequenos haberá un menú diferente. Logo darase chocolate quente con bizcoitos e ás 23.00 da noite farase a tradicional queimada con conxuro ata as doce, onde a esa hora darase por finalizado o Samaín.

Todos estes actos trasladaranse ao Pavillón Municipal en caso de chuvia.

Etiquetas