O Concello de Friol busca persoal para o servizo de axuda no fogar

O Concello de Friol busca persoal para prestar o servizo de axuda no fogar.

Así, a empresa responsable pide que os interesados acheguen os seus datos a través do Técnico de Emprego do Concello ou do Asistente Social.

Para máis información deberán poñerse en contacto no teléfono 982 375 001.

O servizo de axuda no fogar busca prestar atención ás persoas no seu domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestructuración familiar. Este programa é unha prestación básica dos servizos sociais comunitarios que ofrece o Concello para dar resposta ás necesidades e demandas da poboación no fogar evitando o internamento e a separación da unidade de convivencia previa valoración técnica favorable, mellorando así a calidade de vida da poboación que habita neste municipio.

Etiquetas