Skip to main content
A PastorizaActualidade

Organizado un obradoiro de máscaras na Pastoriza o 31

Por 27 Outubro, 2019Sin comentarios

A Anpa do colexio O Salvador celebrará o 31 de outubro varios obradoiros de Samaín na Casa da Cultura da Pastoriza, a partir das 16.00 horas.

Haberá polo tanto obradoiro de máscaras, de maquillaxe para continuar cunha visita aos locais públicos da vila. Rematará todo cunha merenda.

Os interesados en participar poderán facelo a través do número 659 032 194, tamén por whatsapp.

A actividade ten un prezo de 5 euros, aínda que os socios da anpa recibirán unha subvención que deixará o prezo en 2 euros.

Os que desexen participar poden ir disfrazados se así o queren.