Outeiro de Rei acolle a charla ‘Mulleres creando no rural’

A Casa da Cultura de Outeiro de Rei acollerá o luns 4 de novembro a charla Mulleres creando no rural impartida por persoal técnico da Asociación de Empresarias da provincia de Lugo, e será ás 20.00 horas.

Esta acción está pensada para fomentar o emprendemento feminino rural, orientado ás mulleres a sectores emerxentes do sector rural da provincia, falando de todo o proceso, dende a maduración da idea ata que se convirte nunha realidade, pasando polas formas de financiación, a elaboración do plan de empresa, a presentación de casos de éxito de mulleres que emprenderon no rural.

Trátase de empoderar á muller rural e animala a que emprenda polas oportunidades que pode haber, non por necesidade.

Dende o Concello de Outeiro de Rei se anima a todas as persoas que teñan interesa no tema a asistir.

Etiquetas