Skip to main content
ActualidadeVilalba

Antía Yáñez gaña o III Premio Agustín Fernández Paz de narrativa

Por 28 Outubro, 2019Sin comentarios

O xurado do III Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade, convocado polo Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia, acordou conceder dito premio á obra titulada Plan de Rescate, presentada baixo este mesma seudónimo e que correspondeu a Antía Yáñez Rodríguez.

O argumento desta novela fala de Noela, unha rapaza de dez anos en cadeira de rodas, que conta a historia protagonizada polos seus compañeiros de clase de apoio. Os catro amigos resolverán unha difícil situación que sofren o resto dos seus colegas e o profesorado do centro. Unha aventura chea de humor e ironía onde cada un dos espazos da escola se transforma en escenario dunha inesperada operación de rescate.

O xurado do premio estivo formado por Rosa Aneiros Díaz, Manuel Bragado Rodríguez e Xavier Senín Fernández.