Xermade organiza para novembro un obradoiro de setas de outono

O Concello de Xermade organiza para o 15 e 16 de novembro un obradoiro de setas de outono.

Este curso será na Cámara Agraria de Xermade, e comezará o venres 15 ás 19 horas coa materia teórica, para ao día seguinte facer a saída ao campo pola mañá para identificar e recoller setas.

Para participar é necesario apuntarse no Concello, e ten un prezo de 10 euros.

Etiquetas