Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Novas medallas para os atletas de Friol na carreira pedestre de Santiago

Por 30 Outubro, 2019Sin comentarios

Unha decena de atletas do club Atletismo Friol participaron na Carreira Pedestre de Santiago de Compostela, onde tiveron un gran comportamento e onde se lograron un total de 3 podiums.

Noelia Sánchez volvía o máis alto do pódium e gañaba na categoría xuvenil, mentras que a súa compañeira Nerea Lage entraba na segunda posición. Pola súa banda, Ramón Loureiro debutaba nesta proba e conquería a terceira posición na proba alevín.

Pola súa parte, Mateo Villar entraba na cuarta posición na categoría alevín, Aldara Ceide era quinta tamén en alevín e Ohiane Gómenz decimoterceira na mesma categoría. Mara Montes e Noa Mouriz tamén eran decimocuarta e decimoquinta, respectivamente, na carreira alevín.

Ánxela Maneiro facía o decimoitavo posto na proba infantil e Mateo Aguiar se facía co trixesimoterceiro posto na categoría infantil.