O auditorio vilalbés acollerá a obra ‘Bernarda (Vilalba 1975)’ o día 2

O Auditorio de Vilalba acollerá este sábado, día 2 de novembro, ás 20.30 horas, a obra de teatro Bernarda (Vilalba 1975), a cargo de Malasombra Produccións.

Trátase dun drma de humor dirixido a público adulto a partir de 14 anos cunha duración de 75 minutos.

A obra está dirixida por José Prieto e no seu elenco figuran Luis Merelas, Esther Aja e Celia González.

Está situada en 1975 nunha vila de Galicia. Bernarda queda viúva o mesmo día da morte de Franco. Quédanlle dúas fillas mozas e xemelas. Bernarda decreta o estado de loito. Durante dous anos non poden ver a televisión, nin escoitar a radio, nin ler revistas. Durante dous anos só poden saír da casa para ir á misa, á tenda ou ó cemiterio. Durante dous anos as contras deben estar pechadas día e noite. Fóra, a sociedade da transición está cambiando. Dentro, Bernarda fai todo o posible para que eses cambios non entren na súa casa.

Etiquetas