Skip to main content
AbadínActualidade

A Feira de Santos de Abadín será o 2 de novembro

Por 31 Outubro, 2019Sin comentarios

O día 2 de novembro os veciños de Abadín terán unha cita en Gontán para participar na Feira de Santos.

A cita, cunha programación tradicional baseada no mercado gandeiro, contará con expositores de diversos feirantes e artesanía.

Así, o máis destacado do día será o certame de gando que organiza o Concello e para o que dispón varios premios ao mellor exemplar bovino, equino, mellor cría bovina, mellor cría equina, maior número de cabezas de gando bovino e equino ou mellor exemplar equino de silla. Os premios serán de cen euros en cada categoría e enterganse ás 14.00 horas.

Pola notite rematará a festa cunha festa con orquestra.

Non faltarán os postos de comida de polbo e churrasco e tampouco a verbena pola noite cunha orquestra aínda sen determinar.