Medio cento de persoas participaron na marcha cicloturista en Sotavento

Medio centenar de rapaces e rapazas de varios concellos galegos participaron nun novo itinerario cicloturista organizado por Biciclistas Galegos en Xermade.

A marcha trascorreu por estradas secundarias do Concello e tivo como punto de maior dificultade unha subida duns 10 km ata o Parque Eólico Experimental Sotavento que ademais foi cronometrada. Seguindo os obxectivos cicloturistas da entidade, o gañador non foi o que mellor tempo fixo senon o que máis se achegou a un tempo específico descoñecido para os participantes. Deste xeito tense menos en conta as capacidades físicas e o entrenamento dos participantes apostando polo cicloturismo non competitivo.

A actividade enmárcase no calendario anual de recorridos en Bicicleta que organiza biciclistas galegos e cos que se pretende dar a coñecer os valores da comarca ao tempo que se desfruta do contacto ca natureza, do deporte e se dinamizan os negocios rurais. Durante o ano 2019, foron 17 as actividades programadas entre as que destacaron polo seu éxito as de iniciación á bicicleta de montaña.

Neste caso, elexiuse o Parque Eólico Experimental Sotavento, un lugar emblemático e singular de Xermade que é moi valorado por afeccionados ao ciclismo pola súa situación xeográfica e accesos.

Para os vindeiros meses, as actividades previstas por biciclistas galegos incluirán una charla sobre mecánica, unha nova marcha nocturna e unha cicloturista no Concello de A Capela e, xa cara o fin de ano, “O saúdo dende os cumios” onde convocan a socios e afeccionados de distintos Concellos a despedir o ano dende os cumios máis emblemáticos das súas respectivas localidades. A asociación suporou xa os 130 membros.

Etiquetas