Skip to main content
ActualidadeRiotorto

Xa está rematada a cuberta da pista de pádel en Riotorto

Por 5 Novembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Riotorto rematou as obras da colocación da cuberta de pádel da localidade, ubicada no lugar do Mazo, fronte a Cárnicos Río.

Estas obras que se iniciaron en xaneiro, tiveron un orzamento de 51.528 euros, dos cales financiaron a Consellería de Medio Ambiente un 70 % e o resto foi a cargo do fondos propios do Concello.

A obra consistiu en dotar esta instalación deportiva con chapa tipo sandwich e cunha cúpula que dea claridade ao interior.