O Iescha prepara as Xornadas da muller en Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos e o Consello da Cultura Galega, en colaboración co Concello de Vilalba, organizan as Xornadas da muller, que se levarán a cabo na Casa da Cultura de Vilalba os días 22 e 23 de novembro de 2019.

O venres 22 ás 19.00 será o acto de apertura das xornadas nas que interveñen Elba Veleiro Fernández, alcaldesa do Concello de Vilalba, e Marisa Barreiro Mejuto, presidenta do instituto de estudos chairegos.

A continuación será a conferencia de Luz Darriba baixo o título Mulleres creadoras.

Ás 20:00 chegará o documental e conferencia de Encarna Otero Mulleres co mundo na cabeza, seguido do coloquio con Luz Darriba e Encarna Otero

Xa o sábado 23 ás 10:30 dará comezo a conferencia de Paulo Naseiro Os catro éxilios de silvia mistral.

Ás 11:30 será a conferencia de Emilio Ínsua, que contará con aporte visual, baixo o título O vínculo de Maruja Mallo con Galicia .

Ás 12:30 haberá unha actuación do grupo Corredores de sombra. Seguido da conferencia de Cristina Felpeto Muller e literatura, creadora e creación.

Xa ao mediodía será o acto de clausura das xornadas no que intervén Rosario Álvarez Blanco presidenta do consello da cultura galega e finalizará cunha ofrenda floral aos membros das irmandades da fala e un xantar participantes no parador de Vilalba.

Etiquetas