Unha fin de semana cargada de actividades en Vilalba

Para esta fin de semana de novembro, o Concello de Vilalba prepara varias actividades e concertos.

Así, o venres 8 no Auditorio municipal ás 21.00 horas o grupo de teatro O Bordelo porá en escea a obra Toluras de Proveito, unha cita organizada polo Instituto de Estudos Chairegos dentro da súa programación de outono.

Xa o día 9, a banda madrileña Morgan, unha das máis recoñecidas por público e crítica nos últimos anos, chega a Vilalba no seu fin de xira de AirTour ás 21.00 horas.

O Concello de Vilalba propón neste mes de novembro citas culturais vinculadas coa igualdade e contra a violencia de xénero, como Invisibles, este domingo 10 de novembro ás 20 horas no Auditorio Municipal, un espectáculo de creación colectiva a partir da obra homónima de Montse Fajardo. Historias reais de violencia machista, algunhas coñecidas polo público pola súa repercusión mediática. Unha obra para maiores de 12 anos pola dureza de algunhas declaracións froito dunha realidade que todas as persoas temos a obriga de mudar.

Etiquetas