Belesar de Vilalba celebra a fin de semana as súas patronais

A parroquia de Belesar, en Vilalba, celebrará este fin de semana as súas festas patronais na honra de San Martiño.

Os actos darán comezo ás 13.30 coa tradicional misa, seguida de procesión e sesión vermú a cargo da orquestra Pasito Show. Como vén sendo tradicional, esta mesma orquestra tocará pola noite na verbena, neste caso acompañada de Essencia, e novamente na sesión vermú do domingo, que terá lugar trala misa e a procesión das 13.30 horas.

Con esta actuación se darán por rematadas estas festas, qeu contarán con fogos de artificio na clausura. Así mesmo, o campo estará cuberto cunha carpa.

Etiquetas