Comezan en Muras as actividades de dinamización das parroquias

O Concello de Muras iniciou esta semana a primeira quenda de actividades de dinamización do rural, postas en marcha polo Concello de xeito gratuíto para promover o medio rural. Así, esta semana deron comezo as de pilates, manualidades e as de pandereta e baile tradicional galego.

As de zumba, foron aprazadas ata que se recupere a profesora, que está de baixa.

Todas estas actividades desenvólvense a partri das 7.30 horas da tarde no centro de Muras.

O obxectivo do Concello é ampliar a oferta formativa a partir de xaneiro e mesmo levar algunhas destas actividades ás propias parroquias, para evitar o desprazamento. De feito están pensando nalgunhas tamén para as fins de semana.

Os intersados en sumarse a estas actividades, que son gratuítas, poden facelo poñéndose en contacto co Concello para realizar a inscrición.

PROFESOR PARTICULAR

Por outra banda, o Concello está a buscar un profesor de apoio para as asignaturas escolares que preste servizo aos nenos que o necesitan no termo municipal e evitarlles así o desprazamento a outras vilas.

Etiquetas