O BNG de Outeiro afirma que o alcalde non quere pagar as dietas as traballadoras do SAF

O BNG de Outeiro de Rei manifestou o seu malestar pola negativa do alcalde de aceptar a proposta do BNG para que se lles pagasen estas compensacións de gastos as traballadoras do SAF (Servizo de Axuda no Fogar). “O argumento usado polo señor Pardo para esta negativa foi textualmente, cando aceptan o traballo xa saben o que hai”, explicaron.

Segundo indican en Outeiro de Rei “o alcalde e o seu tenente de alcalde cobran 42.000 km de desprazamentos polo concello cada ano, a 0,30 euros o km, máis de 13.000 euros anuais. Ata o resto de funcionarios cando van a calquera traballo encargado polo concello cobran, como é lóxico, os gastos de desprazamento correspondente. Aínda que neste caso, coma os seus coches deben ser menos finos que os do alcalde, cobran o km só a 19 céntimos”, engadiron.

Os naciolistas aseguran que as traballadoras de Axuda a Domicilio recorren centos de quilómetros cada mes para ir traballar ás casas dos usuarios, que cobran por este traballo menos de 1.000 euros mensuais, as que poden ter xornada completa, claro, “e non perciben absolutamente nada por eses gastos de desprazamento”.

Explican tamén que hai casos nos que chegan a facer preto de 1.000 km ao mes para eses desprazamentos, “o que fai que o soldo xa cativo que cobran se quede en nada”.

 

Etiquetas