A Chaínza organiza unha xornada de iniciación á micoloxía na Pastoriza

A Asociación A Chaínza celebrará o sábado 16 de novembro na Cámara Agraria da Pastoriza un cursiño de iniciación á Micoloxía que será impartido por Xesús Blanco. O cursiño dará comezo ás 17.00 horas.

Haberá unha pequena presentación e tamén se fará unha exposición para identificar os diferentes tipos de cogumelos da zona. Os que desexen participar poden levar tamén algún exemplar para resolver as dúbidas que poidan ter.

Etiquetas