Buxiganga volve a Begonte con dúas representacións máis

O Concello de Begonte organizou unha obra de teatro para o 19 de outubro, pero por motivos alleos ao Concello, tiveron que pospoñela obra para o 9 de novembro.

Representarase ás 19.00 na Casa da Cultura de Begonte baixo o título A comedia bífida, a cargo de Toporroutou.

Así mesmo, ten programadas dúas obras de teatro máis en novembro, o día 16 ás 18.00 horas será O Lazarillo do Miño a cargo de Os Pinchacarneiros e o 23 ás 18.00 horas Curuxan Teatro Impro representará Improvincia.

 

Etiquetas