Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Recital poético en Friol contra a violencia de xénero

Por 11 Novembro, 2019Sin comentarios

O Centro sociocultural de Friol acollerá o venres 15 de novembro unha actividade literaria coa que conmemorar o Día contra a violencia de xénero, que se celebra o 25 deste mesmo mes.

A actividade consistirá nunha teatralización poética de Carmen Conde, co título Cartografía dunha muller itinerante. Tratáse dunha representación en clave poética desta coñecida autora.

A cita para a actividade será ás 19.30 horas.