O parque de Sotavento inaugura o curso de actividades escolares

O parque eólico experimental de Sotavento celebrou un acto para inaugurar o novo curso de actividades educativas, acto presidido polo presidente de Sotavento que é á súa vez, director Xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, que contou coa participción de representantes da Consellería de Educación, da Consellería de Economía, Emprego e Industria e da Delegación Territorial de Lugo.

Tahoces destacou que se trata dun novo curso “cargado de novidades encabezadas pola instalación de novos paneis retroiluminados e novos contidos que actualizan as capacidades de educación enerxética de Sotavento”. Dentro dos novos contidos destaca unha nova simulación sobre o comportamento enerxético global da Vivienda Bioclimática Demostrativa e a instalación de baterías de acumulación eléctrica conectada a fontes renovables que tratará de demostrar as posibilidades destes sistemas nas vivendas. Tamén este curso se pon en marcha a décima convocatoria do premio de fotografía Sotavento (bases na web www.sotaventogalicia.com)

Tahoces tamén salientou a importancia “da educación enerxética como solución a longo prazo para os problemas enerxéticos máis significativos cos que se atopará a humanidade neste século: cambio climático, exceso de consumo e escaseza de recursos enerxéticos e de Sotavento como centro de referencia neste eido”.

Na súa intervención, o director xeral sinalou que as instalacións, con 18 anos de existencia, reciben unha media de 15.000 visitas ao ano, transmitindo aos máis novos a necesidade de defender o medio ambiente e o papel que xogan nese eido as enerxías renovables. Do mesmo xeito, apuntou que Sotavento conta con medios técnicos e instalacións como a vivenda bioclimática e outras instalacións demostrativas que o converten no lugar idóneo para o desenvolvemento de proxectos de I+D+i.

As actividades divulgativas de Sotavento veñen de cumprir a maioría de idade o pasado 6 de novembro e dende o seu inicio supera o cuarto de millón de participantes. Unha media de 15.00 visitantes/ano (80% pertencentes á educación formal

EXPOSICIÓN MARE PLÁSTICUM
O acto serviu tamén para presentar a exposición “Mar Plásticum” de Margarita Cimadevila e Wolfgang Trettnak que estará presente en Sotavento ata xaneiro de 2020 e que combinando arte e ciencia realiza unha reflexión crítica sobre a contaminación do mar por materias plásticos ademais de abordar outras cuestións relacionadas cos nosos mares e costas, como a sobrepesca. A mostra é un bo exemplo da transversalidade dos contidos do parque, sempre relacionados ca enerxía e o medio ambiente.

A mostra visitou previamente importantes museos entre os que destacan o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, Museo Oceanográfico de Mónaco ou o Museo Nacional de China entre outros
Ademais das persoalidades, o acto contou ca asistencia dun grupo de alumnos e alumnas do Master de Dirección de Actividades da Natureza da Facultade de Ciencias da Educación de Lugo.

Para a visita a Sotavento é imprescindible reservar data no 981563777

Etiquetas