Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

44 coches participarán no rally Lugo-Centollo de clásicos

Por 15 Novembro, 2019Sin comentarios

Un total de 44 vehículos paritciparán este sabado no VII Rally Lugo-Centollo de Coches Clásicos, que tomará a saída no municipio de Guitiriz.

Durante a proba, os automóbiles sairán cada medio minuto e deberán respectar, en todo momento, as normas de tráfico. En todo caso, nunca poderán exceder os 50 quilómetros por hora. Os coches comezarán a chegar sobre as 10:00 horas da mañá, e quedarán estacionados no circuíto pechado, na praza de centro de Guitiriz. A partir das 12:30 horas, estímase que xa todos os automóviles estean circulando.

O final da proba, despois de percorrer as estradas de Melide, Ponte de Muros, Vilar de Cruces e Pontecesures, será Santiago de Compostela, onde se celebrará unha cea de confraternización. En total, contando pilotos e organización, movilizaranse un total de 102 persoas, para que todo resulte segundo o previsto.

Ao finalizar esta, entregaranse os trofeos do Rally, e tamén da proba Clásica Noroeste. Cabe destacar que, como se trata dunha proba de regularidade, prémiase isto, é dicir, aquel vehículo que foi máis constante ao longo de todas as nove probas que se desputaron. Para comprobalo, emprégase un rutómetro, un instrumento similar aos que se empregan na proba do Rally Dakar.

Entre os automóbiles que se poderán ver en Guitiriz, destacan varios Volkswagen Golf Cabrio, algún Mini Cooper, un Porsche 911 SC, un Porsche 930 Turbo ou varios BMW do ano 1977. Todas as máquinas participantes están datadas, como mínimo, no ano 1989 ou anterior. Na proba participarán os irmáns Vallejo, o que supón un ‘plus’ á hora de participar, e tamén de visitar o parque pechado.

Á rolda de prensa de presentación acudiron a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, concelleira de Cultura, Ainara Pérez; o representante da escudería Centollo e da Asociación Lucense de Automóviles Antiguos, Eduardo Iglesias y Samuel Campo, tamén membro da escudería.

En declaracións da alcadesa de Guitiriz, quen quixo agradecer o proxecto de colaboración á Escudería Centollo, destacou que “es muy importante que un evento tan interesante y de tanta relevancia a nivel Galicia tenga como salida de la última etapa nuestro municipio. Desde el minuto 1 nos pareció una buena idea y estamos muy agradecidos. En la próxima esperamos ser llegada”, apuntaba Morandeira. Tamén quixo resaltar que “la prueba tiene fines solidarios, y se hace visible el trabajo de la Asociación ‘SOMOS, unidos por el Cáncer’, y es fundamental que grupos de personas como ellos y ellas hagan el trabajo que hacen”.

Por outra banda, Eduardo Iglesias quixo destacar “que es la segunda vez que venimos a Guitiriz, y que cuenta con una serie de vías que hacen la prueba muy atractivas, tanto por su composición como por sus parajes. Somos 102 personas que nos reunimos para que se desarrolle esta prueba, una de las 9 por Galicia y agradezco el apoyo que nos ha prestado el Ayuntamiento. A su vez, también a los patrocinadores del Concello, porque nos recibieron con las manos abiertas”.