O Centro de Día de Abadín ofrece un servizo de préstamo de axudas á mobilidade

O Centro de Día de Abadín mantén aberto cun gran éxito o programa A vida máis fácil, a través do que se ofrece aos veciños que o soliciten asesoramento sobre os produtos de apio útiles para a vida diaria das persoas maiores e tamén ofrecen a posibilidade de levalos para casa en prestamo.

Coa chegada da terceira idade, e moitas veces antes, as persoas deben acudir a sistemas de apoio para poder manter a súa mobilidade. Cadeiras de rodas, muletas, etc… son algúns dos aparellos que trouxeron as novas tecnoloxías e que permiten manter unha mellor calidade de vida.

Moitas veces non se trata de facer un acopio de produtos indiscrimiado, senón que é importante escoller o que mellor se adapta ás necesidades de cada un. No Centro de Día de Abadín levan prestando este servizo de forma eficiente nos últimos cinco anos. Pouco a pouco foron ampliado e agora fan tamén préstamo destes produtos, como cadeiras de rodas manuais, muletas, bastóns ou andadores pero co paso do tempo moitas persoas foron donando axudas que xa non usaban e de esta forma outros puideron beneficiarse de camas articuladas, grúas para a movilización con arnés, sábanas de suxección, sillas de rodas especiais, bombillas con detector de movemento, axudas para a as trasferencias, etc.

Para poder acceder a estas axudas hai que solicitalo no cento de día presentando un informe médico que certifique que a persoa usuaria necesita a axuda. Tamén teñen que comprometerse por escrito a seguir as indicacións que se anexan para un bo uso da mesma. Deben coñecer que se trata dun préstamo por un período de tempo determinado, prorrogable, co obxetivo de asegurarse si lle resulta efectivo. Teñen dereito a solicitado todos os veciños do Concello

O programa non solicita ningún tipo de fianza nin prezo pero a persoa debe facerse cargo do transporte de recollida e devolución cando xa non a necesite. Nese momento, se o produto está roto ou deteriorado, deberá facerse cargo do seu arranxo.

Etiquetas