Skip to main content
Actualidade

Castro Ribeiras do Lea acollerá o 23 a terceira xuntanza cabalar

Por 18 Novembro, 2019Sin comentarios

A localidade de Castro Ribeiras do Lea acollerá o 23 de novembro a terceira edición da xuntanza.

A ruta terá a súa saída ás 10.30 horas desde o mercado gandeiro de Castro Ribeiras de Lea e contará con pinchos a media mañá. A clausura da ruta será unha sesión vermú seguida dun xantar de confraternidade. Para merendar haberá pinchos e degustacións de xamón, o prezo da comida será de 20 euros.

Para participar é necesario anotarse antes do 20 de novembro chamando aos teléfonos 678 853 959, 670 501 634 e 679 623 633. Cada xinete farase responsable do seu cabalo.