Meira celebra o día 30 a Festa dos Maiores

Meira celebrará o día 30 de novembro, sábado a Festa dos Maiores, que como vén sendo tradicional espérase a participación de preto de 300 persoas.

A celebración terá lugar no pavillón polideportivo da localidade, aínda que antes haberá misa para todos ás 13.00 horas na igrexa de Santa María.

O xantar será servido polo restaurante Torre de Núñez a partir das 14.00 horas e será gatuíto para pensionistas e xubilados e maiores de 65 anos.

Tralo xantar, a festa prolongarase ata a noitiña coa actuación dun grupo que amenizará o baile.

Os interesados en participar están aínda en tempo de inscribirse e deberán facelo nas oficinas municipais.

Etiquetas