Repiten o obradoiro de teatro realizado polo Ceip O Salvador da Pastoriza

Debido ao éxito da edición do mes de outubro, a Anpa do Ceip O Salvador da Pastoriza organiza un novo obradoiro de teatro para as familias.

O obradoiro, que será o día 23 de novembro, terá dous horarios de 16 a 17 para nenos de infantil e de 17.15 a 18.45 para maiores de 6 anos.

O lugar de celebración será no salón de actor da casa da cultura e terá un prezo de 3 euros, aínda que aos socios subvencionaráselles a totalidade da actividade.

Neste taller poden participar os pais e nais que desexen e estará impartido por Sara da Chintofanería de Pol.

Etiquetas