Skip to main content
Actualidade

Organizan unha charla o luns en Outeiro na programación contra a violencia de xénero

Por 22 Novembro, 2019Sin comentarios

Con motivo da celebración do Día internacional contra a violencia de xénero o luns 25 de novembro, o Concello de Outeiro de Rei convoca a todas as persoas interesadas a asistir á charla Prevbevnción, detección e pautas de actuación en casos de violencia de xénero.

Esta charla será impartida pola sarxento da Garda Civil Ana Isabel Caleya Ortiz e a axente Ramón Peña Pérez e a cita será na Casa da Cultura de Outeiro de Rei, ás 17.00 horas.

Con esta charla, preténdese entre outros obxectivos, sensibilizar nesta materia para evitar situacións de violencia de xénero; tamén, identificar posibles condutas de violencia de xénero e dar pautas de actuación destinadas tanto a mulleres que poidan vivir esa situación como tamén á poboación que sexa coñecedora dalgunha situación de violencia.

As persoas que asistan recibirán un pequeno agasallo consistente nunha bolsa reutilizable realizada dentro da campaña que leva a cabo o Concello de Outeiro de Rei con motivo desta data.