Vián, na Pastoriza, está de festa

A parroquia de Vián, na Pastoriza inicia hoxe as súas festas patronais na honra da Virxe da Ó.

Os actos darán comezo ás 22.00 horas cunha comida popular servida polo cátering Boavista, á que seguirá o baile a cargo do dúo Epo-K. Durante a noite sortearanse diversos agasallos.

O sábado haberá misma maior, ás 13.30 seguida da sesión vermú co mesmo dúo, que porá o punto e final á celebración.

A comisión lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.

Etiquetas