A Regueira organiza un taller de elaboración de xabóns

A Asociación de veciños da Regueira organiza un taller de elaboración de xabóns que se celebrará o 30 de novembro durante a mañá na escola local.

O taller estará a cargo de Milhulloa, fabricantes naturais de xabóns.

O obradoiro desenvolverase entres as 10.30 e as 13.30 horas e terá un prezo de dez euros para os socios de de 15 para os non socios. Os materiais necesarios para a elaboración dos xabóns xa van incluídos na cuota de inscrición.

Ademais, ao finalizar o curso, os asistentes poderán levar para casa os produtos elaborados.

A incrición deberá facerse antes do 25 de novembro a través de Montse (610 849 704) ou Manola (620 874 135).

Etiquetas