Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Catro podiums para o Club de Atletismo de Friol na Pobra do Caramiñal

Por 26 Novembro, 2019Sin comentarios

Excelente actuación dos deportistas do Atletismo Friol no Campeonato Galego de Marcha en pista, disputado en A Pobra do Caramiñal e donde os representantes de Friol lograban un total de 4 podiums.

Así, Alba Menán convertíase na gran protagonista da xornada, xa que se facía co título de campioa galega na categoría sub 10, mentras que Lucas Castiñeira adxudicábase a medalla de prata na proba masculina dos sub 12. Ramón Loureiro conquería a medalla de bronce na mesma categoría e Eva Freire tamén lograba a medalla de bronce na categoría sub 18.

Polo que respecta o resto da actuación dos deportistas, na categoría sub 10, Martín Iglesias era sexto e Grace Gainsford tamén entraba na sexta posición.

Na categoría sub 12 femenina, nutridísima participación das deportistas friolenses, onde Mara Montes foi séptima; Noa Mouriz facíase ca oitava posición; Aldara Ceide coa décima e Oihane Gómez, coa decimocuarta. Ariadna Paz foi decimosexta e Uxía Platero, decimoséptima. Na parcela masculina, aparte dos citados Lucas e Ramón, Mateo Sánchez era sexto. Por último, na categoría sub 14, Mario Campo lograba unha meritoria sexta posición