Skip to main content
Actualidade

O BNG de Outeiro lembra que continúan os problemas do estado da auga da traída

Por 26 Novembro, 2019Sin comentarios

O Bloque Nacionalista Galego de Outeiro de Rei volveu manifestar a súa queixa pola situación da traída de auga, “que cada vez que chove chega ás casas mun estado lamentable”.

Segundo explican os nacionalistas “un concello moderno que pretende que a xente veña ou se quede a vivir nel, non pode facer que se teñan que ir duchar aos concellos do lado ou que teña que comprar a auga non só para beber, senón tamén para cociñar cada vez que caen catro gotas”.

Os nacionalistas asegura que no se trata dun problema do río, nin que sexa por estar nunha zona chá, “como di o señor alcalde, pois en Begonte ou en Lugo, por exemplo, teñen a mesma inclinación no chan, máis ou menos, collen a auga do mesmo río (Miño e Ladra) e desfrutan dunha calidade na auga máis que aceptable. É unha simple cuestión de competencia, ou máis ben de incompetencia, e de que primen outros intereses por riba de solucionar o problema da calidade da auga en Outeiro”.

O BNG lembra que se levan investidos moitos cartos na estación potabilizadoza, “polo que tería que estar arranxado o problema varias veces. Se non é así, o único responsable é quen toma as decisións, o alcalde, e non o río nin o tipo de chan”.