Skip to main content
ActualidadeVilalba

A Esmuvi e Cáritas inician unha campaña de recollida de libros usados

Por 27 Novembro, 2019Sin comentarios
Neste Nadal, Esmuvi xunto coa Cruz Vermella de Vilalba puxeron en marcha un proxecto de colaboración para a súa campaña de Xoguetes Solidarios 2019.

Ambos os dous iniciaron unha recollida de libros infantís co  obxectivo de darlles aos libros que    xa non se usan unha nova vida, podendo facer felices a outros nenos e nenas.

Dende o xoves 21 de novembro e ata o venres 20 de decembro, está instalado o punto de recollida no conservatorio municipal. Recóllense todo tipo de libros infantís: contos, cómics, novelas, libros ilustrados, poemas, lendas etc. O único requisito é que se atopen no mellor estado de conservación posible.