Muimenta acolle o venres un curso de primeiros auxilios

A Casa da Cultura de Muimenta acollerá o venres 29 de novembro un obradoiro de primeiros auxilios e uso da medicación co obxectivo de adquirir coñecementos básicos sobre o manexo de sitaucións que requiran a actuación de primeiros auxilios básicos, así como aclarar dúbidas que poidan ter os usarios.

O curso estará a cargo de Marta Fernández López, DUE asistencia da base de Lugo e tratará sobre como charmar ao 061 ou como reaccionar ante feridas, hemorraxias, convulsións, dificultade respiratoria, dor torácico, queimaduras, perdas de coñecemento, diabete, alexias, picaduras, mordeduras e reanimación cardiopulmonar básica.

O curso desenvolverase entre as 17.00 e as 20.00 horas e está organizado pola Asociación Cultural Aquilino Iglesia.

Etiquetas