O Comité de Crise das Pontes reclama a actitude de Endesa

O grupo de traballo local por unha transición xusta, a raíz das informacións publicadas nos medios de comunicación sobre a viabilidade das probas realizadas, durante o último mes, na central térmica das Pontes con biocombustibles, quere trasladar unha forte crítica contra “as formas empregadas por Endesa e o fondo das súas actuacións”.

O comité de crise considera este un “movemento inesperado da empresa, non respectando as decisións adoptadas na reunión de traballo celebrada no Ministerio de Transición Ecolóxica, o pasado 2 de outubro e na que estiveron presentes a todos os actores implicados na procura de alternativas viables para a central térmica das Pontes -Ministerio de Transición Ecolóxica, Xunta de Galicia, Concello das Pontes, Endesa,- para dar a coñecer os resultados das probas dos traballos de hibridación de combustibles”.

Desde o grupo de traballo local, solicítase ao Ministerio de Transición Ecolóxica, a convocatoria urxente da mesa de traballo con Endesa, na que tamén estean presentes a Xunta de Galicia e Ministerio.

Etiquetas