Rábade convoca un ano máis o concurso de postais de Nadal

O Concello de Rábade vén de convocar a XIII edición do concurso de postais de Nadal. O obxectivo deste certame é que o debuxo gañador sexa o que figure na postal de nadal do Concello, que envía todos os anos aos veciños.

No concurso poderán participar todos os rapaces de entre 3 e 14 anos que o desexen, polo que se establecen dúas categorías, de 3 a 8 anos, e de 9 a 14 anos. Loxicamente, o tema escollido é o nadal e os participantes poderán utilizar todas as técnicas e materiais que estimen oportuno en formato A4.

Hai establecidos tres premios consistentes en vales de 60, 40 e 20 euros a canxear nos comercios de Rábade.

O xurado, que estará composto por representantes do Concello, do colexio Otero Pedraio e do IES Río Miño, fará público o seu veredicto o 19 de decembro polo que o prazo de presentación remata o 13 de decembro.

A entrega dos traballos pode facerse no colexio, no IES ou no propio Concello.

Etiquetas