O Auditorio de Vilalba acolle unha representación familiar sobre a obra de Maruja Mallo

O auditorio Carmen Estévez de Vilalba acollerá este sábado, 30 de novembro, a representación Ela, dirixida a público familiar de máis de 4 anos.

Ela é a nova proposta de Caramuxo teatro para todos os público. Ela é unha rapaza que crea un mundo fantástico a través das cores, a arte e o universo creativo da pintora Maruja Mallo.  É unha mestura de poesía, humor, teatro e danza onde descubrir o mundo imaxinario desta muller excepcional, un poema plástico para gozar en familia.

As entradas, que teñen un prezo de 2 euros poden mercarse xa en ataquilla.com.

Etiquetas