Skip to main content
ActualidadeVilalba

A Esmuvi convoca un novo concurso de debuxo e fotografía

Por 29 Novembro, 2019Sin comentarios

A Esmuvi vén de convocar unha nova edición, a segunda, do Concurso de debuxo e fotografía Qué e a música para min, no que poden participar todos os membros do colectivos distribuidos en diferentes categorías por idade.

-Categoría A, debuxo: 1-2 anos xunto cos papis e/ou mamis.
-Categoría B, debuxo: 3-6 anos.
-Categoría C, debuxo: 7-11 anos.
-Categoría D, fotografía: 12-18 anos en diante.
-Categoría E, fotografía: de 18 anos en diante.

Os debuxos deberán presentarse nunha cartolina de cor branca e tamaño A4 identificando ao autor mentres que as fotografías deberán ser enviadas por WhatsApp ao número de teléfono 722611471 xunto cos datos persoais do paricipante.

Os debuxos e fotografías serán expostos na entrada do Conservatorio de música de Vilalba así coma no perfil de Facebook.  Serán gañadores de cada categoría aqueles que consigan o maior número de likes (sumarase o total das tres páxinas).

O prazo de entrega remata o 5 de decembro. Ao día seguinte comezará o tempo de votación ata o 15 de decembro e o 16 anunciaranse os gañadores. Os agasallos aos gañadores consistirán en libros.