Skip to main content
ActualidadeCospeito

Cospeito celebrará unha nova edición da Feira do Porco da Ceba e o Festival de Outono

Por 29 Novembro, 2019Sin comentarios

Feira do Monte, en Cospeito, celebrará o último sabado deste mes, o 30, a que vai ser a XXXI edición da Feira do Porco da Ceba.

A feira arrincará sobre as 8.00 horas para recibir abrindo á carpa de 250 metros cadrados ao medio centenar de cabezas de gando que, segundo a organización, participarán nesta edición. A apertura ao público está prevista para as 11.00 horas, momento no que comezará a degustación de produtos típicos do porco.

Todo o gando participará no tradicional concurso de gando, que repartirá 780 euros en premios entre os mellores porcos, cedidos polas diferentes casas comerciais e negocios de hostalería. O acto de entrega terá lugar ás 13.00 horas.

Este ano tamén abrirán os galpóns fixos que hai no campo da feira e donde se ubicarán unha serie ampla de produtos típicos, como unha filloeiro, un barista, un cortador de xamón, produtos con denominación de orixe de viños, cárnicos e outro tipo de alimentos. Tamén haberá polbo, churrasco e unha artesana de Asturias.

O gañador do concurso, que será elixido por un xurado conformado por polo menos tres facultativos, levará 180 euros; o segundo clasificado, 150; o terceiro, 120, e o cuarto, 90. Tamén haberá premios en metálico de 40 euros para os seis seguintes clasificados.

A organización sorterá unha parella de porquiños e tamén unha cesta de nadal e, ademais, entregaranse agasallos a todos os gandeiros. Tamén estarán no pavillón do recinto feiral proveedores de produtos típicos do porco e produtos galegos de calidade. Paralelamente, haberá unha carpa para a celebración da feira para evitar as inclemencias do tempo na praza, ao lado das polbeiras.

Combinado con isto, haberá actuacións durante toda a xornada co colofón do tradicional Festival de Outono, Música do Mundo, un fetival de corais que terá lugar a partir das 21.00 horas na casa da cultura. Actuación a Coral Polifónica Eumesa de Pontedeume, A Coral Polifónica de Taboada e a Coral Municipal Virxe do Monte Cospeito.

Pola mañá tamén haberá actividades deportivas no pavillón.