O mundo do fado e o destino, este sábado nas Pontes

O auditorio municipal Cine Alovi das Pontes acollerá este sábado, 30 de novembro, a representación da obra Fátum, a cargo de O Catre teatro. A obra será ás 20.00 horas. A entrada é de balde previa retirada de invitacións na taquilla do auditorio. A hora de retirada de invitacións na taquilla do auditorio é o venres 29 de 12:00 a 14:00 h e unha hora antes da función.

Fàtum, o fado, o destino… o que está escrito. A humanidade debate desde o seu nacemento se a vida é un conxunto de accións fortuítas, casuais, ao azar, ou está rexida polo destino, inmutable e escrito desde sempre.

Se o destino rexe as nosas vidas, quen vela polas persoas? As Nornas, personaxes antigas que acompañan á humanidade desde o principio dos tempos. Sempre alí, canda nós en todo momento, observando e supervisando, rutineiras e eficaces, facendo o que se agarda delas, porque todo está escrito… Ou non? E se houbera un trío de Nornas que desexaran facer outra cousa, ser diferentes, cambiar o seu destino?

 

Etiquetas