O mércores remata o prazo para anotarse ás viaxes á neve para os pequenos das Pontes

Xa está aberto o prazo para inscribirse na campaña de inverno 2020, organizada pola Deputación da Coruña e na que participa o Concello das Pontes, e na que a rapazada participante poderá gozar de catro días na estación de inverno de Cabeza de Manzaneda onde asistián a clases de esquí.

A campaña está dirixida a rapaces e rapazas, empadroados en As Pontes, con idades comprendidas entre o 11 e os 15 anos (cumpridos a 31 de decembro de 2020), tendo preferencia a rapazada que non participase en ningunha campaña da neve da Deputación

Os nenos/as ponteses/as participarán na quinta quenda, entre o 21 e o 24 de febreiro. As fichas de inscrición poden descargarse da páxina web do Concello ou recollerse no Polideportivo Municipal. As follas de inscrición cubertas poden entregarse no Pavillón ata o 4 de decembro.

Etiquetas