O Concello de Outeiro de Rei comezará un proxecto de recollida selectiva de lixo orgánico

O Concello de Outeiro de Rei implantará a recollida selectiva separada da fracción orgánica dos residuos municipais, proxecto subvencionado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ao abeiro da convocatoria de axudas destinadas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, axudas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Dito proxecto consiste na recollida de forma separada da fracción orgánica dos residuos xerados nos fogares, para o cal o Concello de Outeiro dotará no ámbito municipal de contedores de cor marrón co distintivo de Só orgánica e procurará a súa recollida. Non obstante, para o bo funcionamento desta nova iniciativa é precisa a colaboración dos veciños e veciñas do municipio para que boten neste novo colector marrón unicamente os residuos axeitados.

Nun primeiro momento, esta colaboración será especialmente precisa no caso das persoas residentes da Urbanización Santa Isabel, barrio piloto seleccionado para iniciar esta nova experiencia de implantación do 5º contedor destinado á recollida da fracción orgánica dos residuos, para logo estender a experiencia a diferentes puntos do municipio e tamén será especialmente importante nos establecementos xeradores de cantidade destes residuos (grandes produtores). Non obstante, esta implantación será progresiva no resto do municipio e en todos os casos de carácter voluntario.

Por tal motivo, celebrarse unha charla informativa sobre esta implantación na casa da cultura este mércores 4 de decembro ás 20:00 horas.

Etiquetas