Guitiriz acolle unha charla sobre nutrición e hábitos saudables

O Concello de Guitiriz organiza para o día 17 de decembro unha charla sobre Nutrición e Hábitos Saudables, que se desenvolverá na Casa Habanera a partir das 12.0o horas.

A charla está dirixida principalmente a usuarios das escolas deportivas para conxugar saúde e benestar pero está aberta a todo o público.

Etiquetas