Skip to main content
AbadínActualidade

Abre na área de servizo de Abadín-Mondoñedo un Claudio Express

Por 6 Decembro, 2019Sin comentarios

Gadisa abre o establecemento nº 16 da súa rede de franquías durante o actual exercicio económico en Abadín. O Claudio Express está situado no macrocomplexo que a coñecida empresa familiar O Rei das Tartas inaugurou no lugar de Galgao, na saída de O Fiouco, entre Abadín e Mondoñedo, da Autovía do Cantábrico.

O complexo, que aglutina restaurante, cafetería, estación de servizo, parque canino e o supermercado, supón a creación de 12 postos de traballo directos. Ademais, os condutores contarán con servizos como lavado e aspiración dos vehículos.

O Claudio Express é un establecemento moderno e funcional cunha sala de vendas ao redor dos 100 metros cadrados que abre as 24 horas do día durante todo o ano. Pon ao dispor dos clientes unha variedade composta por máis de 1.000 produtos da mellor calidade a prezos moi competitivos coa comodidade de poder realizar unha compra a calquera hora do día. Así mesmo, conta cun obradoiro propio de pastelería e panadería de O Rei das Tartas, que ofrece unha gran selección das súas especialidades de repostería.

Na inauguración do punto de venda participou Carlos Folgueira, propietario de O Rei das Tartas co equipo do complexo. E, por parte de Gadisa, o director de vendas da liña de maior Miguel Freire, o coordinador de franquía José Antonio Hermida e o monitor de charcutería e lácteos Sergio Trujillo.

Gadisa deu un forte impulso á súa rede de franquías durante 2019, exercicio no que, polo momento, abriu 16 establecementos alcanzando os 184, dos que 74 operan baixo a marca Claudio Express.

A compañía líder de distribución 100% galega suma, ademais, 221 Gadis e 12 Cash Ifa en Galicia e Castela e León.

A área de servizo da A-8 abriu tamén xa as súas portas, sendo a única destas características entre o centro de Asturias e Baamonde.