Indignación en Castro pola desfeita dun vándalo no campo de adestramento

Os veciños de Castro de Rei así como o seu alcalde, Francisco Balado, continúan impactados polas esfeitas provocadas no campo de adestramento do club de fútbol local, que milita na Primeira Rexional, ao meter un coche no terreo de xogo e realizar numerosas buxainas no mesmo.

Este feito, que foi denunciado ante a Garda Civil, foi atribuído a un vándalo aínda sen identificar que meteu o seu coche no campo e fixo varias buxainas ata deixalo impacticable para a práctica deportiva.

Ese terreo de xogo, no que tamén se adestran os rapaces das categorías inferiores do Castro, non está valado pero si clarmente delimitado pola propia trama urbana , de modo que a persoa que conducía atravesou a beirarrúa para entrar e para saír do terreo.

Segundo as investigación o conduto puido acceder ao campo, situado á beira do centro médico da localidade e da estrada LU-113, desde a parte de atrás da Casa da Cultura

Estímase que a reparación terá un custe de preto dos 2000 euros impedindo tamén os adestramentos dos pequenos no campo ata que este se recupere.

Etiquetas