O camioneros concéntranse na A8 e organizan unha andaina para a semana que vén

Os transportistas que ata fai sete meses trasladaban a diario o carbón do porto exterior ferrolán retomaron as súas protestas, cun corte de tráfico de unha duración aproximada de 20 minutos da A-6 á altura de Guitiriz, pechando á circulación os dous carrís de sentido Lugo entre a área de servizo e o acceso ao centro urbano. Os camioneiros insistiron nas súas demandas dunha transición xusta, aproveitando que se celebra en Madrid o cume do clima.

Pero no será a última das concentración dos transportistas que organizaron unha andaina ata Coruña repartida en catro etapas e tamén en catro días e que dará comezo o martes 10 de decembro.

A primeira partirá ás dez da mañá das Pontes e finalizará na Capela. A segunda será entre ese municipio e Miño; a terceira, entre Miño e Bergondo, e a última finalizará no Viceconsulado de Italia na Coruña.

Para completar estas etapas, sairán ás 09.30 hores autobuses desde a estación das Pontes a diario para chegar ao momento de partida. E todos os concellos ofrecerán recepcións aos manifestantes cun tentempié, e regreso ao municipio pontés en bus.

Os interesados poden inscribirse ata o día 9 no concello das Pontes. Como vén sendo habitual os manifestantes deberán levar o chaleco amarelo que xa é un símbolo en todas as concentracións.

Doutra banda, está previsto que o luns se celebre en Madrid o encontro entre a ministra de Transición Ecolóxica en funcións, Teresa Ribeira, e as administracións, Endesa e os sindicatos pola térmica.

 

Etiquetas