Skip to main content
ActualidadeCospeito

A Granda de Muimenta organiza un campamento de Nadal

Por 7 Decembro, 2019Sin comentarios

A anpa A Granda de Muimenta organiza un campamento de Nadal para os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro en horario de 10 a 14 horas e a cargo de Vingolea.

Neste campamento, os máis pequenos desfrutaran de actividades deportivas, xogos populares ou mini disco. Tamén haberá fabricación de adornos de Nadal, un taller de repostería creativa, un de globoflexia, e poderán desfrutar da visita de Papá Noel e da excursión ao Belén de Begonte.

O prezo para os é de 60 euros o campamento completo e 12 euros se tan só queren actividades de un día. Para os que non sexan socios é de 80 e 15 euros respectivamente.

Para participar é necesario apuntarse antes do 15 de decembro.