Skip to main content
A PastorizaActualidade

O circuíto da Pastoriza terá este mes dous cursos para particulares

Por 7 Decembro, 2019Febreiro 27th, 2020Sin comentarios

O circuíto da Pastoriza acolle este mes de dcembro unha dobre sesión de formación de particulares. O primeiro curso será o domingo 15 de decembro e o segundo o sábado 21.

A principal característica deste curso é a personalización absoluta, dado que é o monitor, que sempre acompaña ao alumno, quen se vai adaptando ao nivel de cada un deles. Así mesmo pode realizarse as veces que se desexe porque a formación é continua e sempre se van introducindo novos conceptos e perfeccionando os anteriormente adquiridos.

O curso terá unha duración dunha xornada e dará comezo ás 9.00 horas ata as 18.00 con sesión teórica a primeira hora e dúas sesións de prácticas ás 10.45 e 15.30.

O participantes recibirán formación sobre posición de condución, manexo do volante en diferentes situacións, trazados e traxectorias, utilización correcta do freo e acelerador, sistema ABS, dinámica de pesos no vehículo e comportamento do vehículo (Sub e sobreviraxes).

Os que desexen inscribirse poden facelo a través do teléfono 650 367 521 ou no correo info@ptcescuela.com.