O Concello de Vilalba abre o prazo das candidaturas aos premios ao deporte

De cara á celebración dunha nova edición da Gala do Deporte, o Concello de Vilalba vén de publicar as bases reguladoras dos premios que concede o Servizo municipal de Deportes coa finalidade de apoiar, motivar e incentivar aos deportistas que obtiveron resultados deportivos destacados no ano 2018/2019.

Para poder ser beneficiario destas axudas, os solicitantes deberán cumprir, a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, requisitos como estar empadroado no Concello, ter licenza federativa e ter méritos deportivos entre o 1 de novembro de 2018 e o 31 de outubro de 2019.

As solicitudes, segundo o modelo de solicitude que figura no anexo I, presentaranse a través da sede electrónica do Concello de Vilalba (tramitación electrónica) ou na oficina de deportes do Concello de Vilalba. O prazo finalizará 15 de decembro.

O importe total destinado ás axudas é de 3.000 euros.

As bases, prazos, requirimentos e baremos poden consutlarse nas bases, que está no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web municipal.

Etiquetas