Skip to main content
ActualidadeVilalba

O domingo terá lugar unha nova edición da andaina solidaria de Cruz Vermella

Por 9 Decembro, 2019Sin comentarios

Un ano máis, o Concello de Vilalba acollerá a Andaina Solidaria de Cruz Vermella, que ten como obxectivo recaudar fondos para a compra de xoguetes novos para aqueles nenos de familias sen recursos e con risco de exclusión social.

A Andaina Solidaria terá lugar o 15 de decembro, domingo, a partir das 12.00 horas e a inscrición para a mesma xa está aberta e pode realizarse en horario de mañá nas oficinas de Cruz Vermella, situadas no polígono industrial de Sete Pontes e nos teléfonos 620 218 127 ou 982511303 de luns a venres entre as 10.00 e as 20.00 horas.

Como o ano pasado, os participantes poderán aportar o que consideren como cuota de inscrición e recollerán o seu dorsal a partir das 11.30 horas. O percorrido, todo urbán, constará de tres quilómetros sen dificultade ningunha para que podan participar persoas de todas as idades con saída e chegada á praza da Constitución.

O obxectivo do Concello é recadar cartos suficientes para poder comprar un xoguete novo aos pequenos de entre 0 e 11 anos que están acollidos a este programa. O prazo de inscrición remata o 13 de decembro.